sábado, 12 de agosto de 2017

A colección "As miñas primeiras Letras Galegas" da popular familia pretende dar a coñecer dun xeito divertido aos cativos e cativas os persoeiros aos que á RAG vén homenaxeando cada 17 de maio desde 1963.
O volume dedicado a Carlos Casares é o terceiro desta serie, que arrincou cos protagonizados por Eduardo Podal e Curros Enríquez. 
Desta volta, Pepe Carreiro realiza unha adaptación para o público infantil dun dos contos de Vento ferido, "A rapaza do circo", que se completa cunha biografía do narrador e un minidicionario con termos da historia.
(RAG).

No hay comentarios:

Publicar un comentario