luns, 23 de outubro de 2017

Ouro e cadávares estelares

Jorge Mira
Unha estrela é unha bomba atómica de fusión: alumea grazas a apertar moito átomos de hidróxeno para convertelos en helio, un proceso no que unha ínfima cantidade de masa se esfuma para darlle unha enorme cantidade de enerxía. Pero chega un momento no que se lle vai esgotando o combustible de hidróxeno. Que pasa entón? Comeza a fusionar helio, para dar elementos máis pesados, que se van tamén fusionando: ese proceso supón o nacemento dos seguintes elementos da táboa periódica. Esas novas fusións son tamén procesos nos que se desprende enerxía, pero... iso non dura para sempre: o choio acábase ao chegar ao ferro! Cos elementos que están por riba do ferro na táboa periódica xa non se obtén enerxía Unha estrela é unha bomba atómica de fusión: alumea grazas a apertar moito átomos de hidróxeno para convertelos en helio, un proceso no que unha ínfima cantidade de masa se esfuma para darlle unha enorme cantidade de enerxía. Pero chega un momento no que se lle vai esgotando o combustible de hidróxeno. Que pasa entón? Comeza a fusionar helio, para dar elementos máis pesados, que se van tamén fusionando: ese proceso supón o nacemento dos seguintes elementos da táboa periódica. 
Esas novas fusións son tamén procesos nos que se desprende enerxía, pero... iso non dura para sempre: o choio acábase ao chegar ao ferro! Cos elementos que están por riba do ferro na táboa periódica xa non se obtén enerxía fusionando átomos, senón rompéndoos (fisión), algo que a estrela non pode facer. A estrela, moi velliña xa, nese momento ve esgotada a súa fonte de enerxía e ponse a morrer. De onde saen entón os átomos da táboa periódica que están por riba do ferro? Dos choques de cadáveres de estrelas, chamados estrelas de neutróns: bólas de 10 km que pesan coma o Sol, feitas maiormente de neutróns e unha coiraza de ferro. Coa colisión os neutróns entran a machado no ferro, engórdano, e dese caos saen, entre outros, o ouro e platino das nosas xoias. No proceso prodúcese unha orxía de emisión de ondas electromagnéticas, que acompañan ás ondas gravitacionais produto da conmoción espazotemporal do baile previo ao choque. Por primeira vez acaban de detectarse ambas conxuntamente. Un fito que confirma moitas teorías e abre unha nova era na astrofísica.
Jorge Mira. La Voz de Galicia


Ningún comentario:

Publicar un comentario