Víctor Freixanes, Presidente da R |
21 días co galego
VÍCTOR F. FREIXANES
29/04/2018 05:00 H
Hoxe escribimos dende o optimismo, dende a alegría de
saber que as cousas poden mudar. Ou que podemos axudar a que muden: con
intelixencia, vontade e imaxinación. Hai cinco anos, unha profesora do
instituto da Pobra do Caramiñal, Pilar Ponte Patiño, con alumnos de ESO e
Bacharelato, botou a andar unha experiencia que xa corre polas redes. Rapaces e
rapazas de 15 e 16 anos, moitos deles non galegofalantes, aínda que cunha
competencia elemental no uso da lingua, comprométense a vivir tres semanas (21
días) usando decote a lingua galega: nas aulas, cos amigos, coa familia, na
vida común, no lecer, dentro e fóra da casa. Tres semanas en galego,
reflexionando sobre o que esa práctica significa, as dificultades que atopan,
as contradicións, os prexuízos…
Ao rematar a xornada, o rapaz ou rapaza conta nun vídeo a súa experiencia nas últimas 24 horas. Na colexio Fogar de Santa Margarida, na Coruña, o profesor Carlos Medrano empezou a desenvolver hai un par de anos a mesma idea cos seus alumnos, de idade similar aos mociños da Pobra, aínda que nun contexto ben distinto, o ámbito urbano, onde preferentemente manda o castelán. Os interesados poden visitar algunhas mostras do experimento en YouTube. Escritores, artistas, músicos, deportistas coñecidos participan como padriños para animar os rapaces: o añorado Agustín Fernández Paz, Mercedes Peón, Elena Gallego, Leilía, Roberto Vilar…

Disque 21 días é o tempo necesario para adquirir un
hábito. Ou para romper un prexuízo. Hai poucas semanas falabamos aquí dos
problemas (e os desafíos) da lingua galega na mocidade, sen dúbida o gran
interrogante que nestes momentos ten o futuro do idioma. Pois velaí. Escoiten
os mozos e mozas que falan. No proceso de normalización lingüística hai tres
aspectos fundamentais a considerar: a competencia (falar, ler e escribir) que
se adquire na casa e na escola, e tamén no contexto das amizades. Que se
adquire ou que se perde, deberiamos dicir. A motivación, ou sexa: a disposición
da persoa para usar o idioma, e mesmo a valoración ou sentimento que esa persoa
ten da lingua. E terceiro: as ocasións de uso. Os dous primeiros aspectos danse
cumpridamente (aínda que todo se pode mellorar). O problema para a mocidade son
as ocasións de uso, a creación de espazos sociais para vencer o prexuízo, ese
atranco que tantas veces impide dar o paso: falar galego decote, de xeito
natural, cos teus amigos, cos teus veciños, mesmo cos teus país e os teus
irmáns. «E como podo seguir?», preguntan moitos despois. Pois deixando correr a
vida, con naturalidade. O que empeza sendo un xogo, unha experiencia didáctica,
a práctica social do idioma, acaba sendo unha descuberta, desafío que afirma a
personalidade e, ao mesmo tempo, pon diante dos ollos a realidade. Mais que
tamén engancha. Dende a iniciativa docente é unha proba de intelixencia e de
vitalidade.
Fonte: lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario