xoves, 19 de abril de 2018

3º e 4º ESO do IES Miraflores preparan celebración DAS Letras

O día 12 de abril, o alumnado de 3 ESO e 4 ESO asistiu a unha charla nas Torres de Santa Cruz sobre M. Victoria Moreno, escritora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. A filóloga e profesora Montserrat Pena fixo un percorrido pola vida e obra desta autora extremeña pero que tanto traballou pola nosa lingua.
A actividade estaba organizada polo Concello de Oleiros e o Departamento de Lingua Galega do IES Miraflores
Mary Luz Corral presenta a profesora Monserrat Pena
Monserrat Pena expuxo ante o alumnado vida e obra de Mª Vitoria Moreno
Alumnado de 3º e 4º ESO do IES Miraflores


Ningún comentario:

Publicar un comentario