luns, 21 de maio de 2018

Xincana polas Letras no IES Miraflores


O venres 18 de maio celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas organizando unha xincana.

A actividade desenvolveuse de 10:10h a 12:30 h e estaba dirixida ao alumnado de 3 e 4 ESO.
As probas que debían realizar estaban relacionadas coa lingua e a literatura galega e principalmente coa figura de Maria Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano.
 A implicación do alumnado e profesorado foi total polo que o Equipo de DinamizaciónLingüística, organizador da actividade, agradece encarecidamente toda a colaboración do profesorado e do Equipo Directivo.












Ningún comentario:

Publicar un comentario