venres, 15 de xuño de 2018

COMPLEXO DE SATURNO, SÍNDROME DE ADONIS, SÍNDROME DE PENÉLOPE




     COMPLEXO DE SATURNO



Normalmente diagnosticado ós homes que queren eliminar a súa competencia ou a súa obra. 

Recibe o nome de Saturno, ou Cronos na mitoloxía grega, que devorou aos seus fillos porque Urano e Xea auguraron que o destronarían

 

                                                

 

 

 

  SÍNDROME DE ADONIS

Tamén chamada vigorexia. Os que sofren desta síndrome están

obsesionados con ter un corpo muscular. Son adictos Ó ximnasio, 

consumen suplementos alimenticios e anabolizantes.

Os que padecen desta síndrome teñen unha visión distorsionada

da realidade, unha baixa autoestima e un deterioro das relacións 

afectivas.

Esta síndrome recibe o nome de Adonis, fillo de Mirra, coñecido pola

súa inmensa beleza e por ser un dos amantes de Afrodita.

 


Saturno devorando ao seu fillo Pedro Pablo Rubens


SÍNDROME DE PENÉLOPE

 Normalmente refírese ás mulleres nas que a espera transfórmase 

nunha parte esencial de súa vida; estas mulleres están

namoradas da idea da súa parella, que as abandonou. 

Recibe o seu nome da raíña Penélope, esposa de Ulises,

que se obsesiona coa idea da volta do seu marido de

Guerra de Troia, rexeitando a todos os seus pretendentes.

 

 Penélope e os seus pretendentes John William Waterhouse


Silvia Longueira 1º C Bach.


Fontes:


Ningún comentario:

Publicar un comentario