martes, 12 de xuño de 2018

SÍNDROME DE ATALANTA E DE ECO

         


Contaban os gregos que a bela Atalanta, celosa da súa virxinidade, retaba a correr a todos os seus pretendentes. A condición era clara: ou superala na carreira e con iso desposarla, ou morrer pola súa propia man.Tras varias carnicerías de suspiradores abatidos, presentouse no certamen o inxenioso Melanión (chamado tamén Hipómenes), que tramou un plan que consistía en que cando Atalanta o adiantase, el deixaría caer unhas mazás de ouro na pista, polo que, ao recoller cada unha delas, perdería o tempo, a carreira e a soltería, converténdose así na muller de Melanión.

Atalanta é una heroína vinculada ao ciclo arcaico da mitoloxía grega, consagrada a Artemisa e recoñecida polas súas inmellorables habilidades para a caza. A súa peculiar historia a fai ser valorada, dende unha anacrónica perspectiva contemporánea, como un precedente do feminismo.

Síndrome: comprende varios desordes de forma simultánea ou sucesiva: frixidez, dispareunia ( transtorno que provoca dor no acto sexual en mulleres e homes ), a relación cun padre tiránico e arbitrario, a vergoña e a culpa hacia as funcións reprodutoras resultado dunha educación demasiado moralista. En resumo, trátase dun rechazo ao varón pola complicada reproducción.




SÍNDROME DE ECO

Cando Zeus facía o que quería coa súa concupiscencia, Eco entretía a Hera, a esposa, coa súa palabrería. A pérfida locuacidade de Eco foi castigada pola consorte traizoada. Non a condenou ao silencio senón a repetir as últimas sílabas que os demáis pronunciaban. Foi unha sanción irresistible, desesperante. A ninfa atormentada optou por refuxiarse nas covas lóbregas. Cando o fermoso Narciso a enloqueceu cos seus encantos estaba imposibilitada para demostrarle o seu amor.
Síndrome: falar constantemente, interrumpindo ós outros co único afán de sobresaír.


Ningún comentario:

Publicar un comentario