domingo, 8 de xullo de 2018

Antón Fraguas, Letras Galegas 2019

Antón Fraguas


Antón Fraguas protagoni-zará o Día das Letras Galegas de 2019. Así o acordou hoxe o Pleno da Real Academia Galega na sesión ordinaria celebrada na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña.

Membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos (SEG) na mocidade, historiador, etnógrafo, director e presidente do Museo do Pobo Galego, profesor depurado polo franquismo e querido polo alumnado, narrador oral excepcional e intelectual cunha popularidade pouco común.
 Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. (academia.gal)

Ningún comentario:

Publicar un comentario