venres, 15 de maio de 2020

CARVALHO CALERO no MIRAFLORES


“O galego é unha lingua universal”-Ricardo Carvalho Calero.
1.-D. Ricardo estívonos acompañando no Miraflores desde setembro, “explicando” a orixe de moitas palabras e comparándoas co castelán co portugués e francés. Lembrades? Era defensor da integración do galego na familia lingüística galego-portuguesa ( a iso chámaselle Reintegracionismo). A exposición que gañou este ano o concurso das Letras Galegas é a do IES Ferrol Vello, un instituto que está moi cerquiña da casa na que naceu Carvalho Calero. Na fotografía de abaixo podedes ver un dos carteis da exposición, o que explica o que é o Reintegracionismo e como D. Ricardo escribía en galego-portugués.


2.-Nesta ligazón accedes ás exposicións gañadoras de primaria e de secundaria.
3.-Outra das propostas que che fago é ver este vídeo e a continuación facer un xogo sobre el.
Este é o vídeo




Este é o xogo



4.- Se o que che gustan son os telexornais, tamén temos un:



5.- Por último un escape room, un xogo de fuga. Sigue ben as instrucións para conseguir saír.

6.-Non me puiden resistir a estas actividades. Confeso que son fan dos Bolechas. Mirade que favorecido quedou Carvalho Calero nesta versión dos Bolechas! Parécese?
Que artista é Pepe Carreiro!
A editorial  Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, puxo no Portal da Lingua Galega, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Nel achéganse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio, do ano 1987 e que recibiu o Premio da Crítica de narrativa galega ese mesmo ano. Ademais, atoparás a Biografía do autor e un Minidicionario con palabras moi especiais que aparecen na historia.
Anímate a lelo nesta ligazón!

ATRÉVESTE CO RETO CARVALHO CALERO BOLECHAS? Aquí tes os xogos:
RETO 1: Canto lembras da historia de Scórpio?
RETO 2: Como escribía Carvalho Calero?
Podes axudarte do Minidicionario dos Bolechas.
RETO 3: Que lembras da biografía de Carvalho Calero? (Rosco de pasapalabra).


Penso que o que máis lle gustaría a Carvalho Calero é que soubéses algo máis de portugués. Por iso seleccionei para vós estes tres xogos de vocabulario portugués:










Ningún comentario:

Publicar un comentario