martes, 2 de xuño de 2020

AS NORMATIVAS DO GALEGO. O POSICIONAMENTO DE CARVALHO CALERO

AS NORMATIVAS DO GALEGO. O POSICIONAMENTO DE CARVALHO CALERO


A charla de Xosé Ramón Freixeiro Mato para o Club de lectura deixounos claro dúas cuestións: Unha é que Carvalho representa a continuación do labor de estandarización iniciado na preguerra, e a outra é que a súa postura era que convivisen harmonicamente diferentes formas de escribir galego.
Freixeiro insistiu moitas veces que esta era a estratexia de Carvalho;  tal como dixera no ano 1985 "máximos, medio e mínimos usos reintegracionistas deben convivir”. 
Freixeiro relacionou esta estratexia de Carvalho coa postura actual de AGAL, explicada en numerosas ocasións polo seu presidente, Eduardo Maragoto e  que o seu preseidente   denomina  BINORMATIVISMO





Freixeiro conseguiu que quedasen claras algunhas cuestións relacionadas coa estandarización da lingua galega:
Codificar unha lingua ten que ver con rexenerala. Por que?
Porque hai que restaurar a fala popular, rectificar a castelanización e reintegrala no sistema propio. Así o explicaba ao propio Carvalho no seguinte vídeo.

Por que houbo un conflito? Que ocorreu? Carvalho foi unha figura central no proceso de estandarización, é dicir, na fixación do código escrito da lingua galega. Este proceso quedara interrompido pola ditadura franquista, xa que impediron o uso escrito do galego.

Temos que facer un pouco da historia. Carvalho xa estaba presente na elaboración das primeiras normas, as do Seminario de Estudos Galego de 1933, e nas Engádegas do propio seminario de abril de 1936.
A guerra civil e a ditadura impide que se continúe este labor ata 1950, que crean a Editorial Galaxia e esta promove unhas normas internas, nas que suprimen o apóstrofo e algúns outros trazos.
Carvalho elabora unha gramática para Galaxia, a Gramática elemental del gallego común, que publica en 1966, e que reedita e amplía varias veces.
 No ano 1970, Carvalho revisa a súa gramática e, ao tempo, elabora as primeiras normas por encargo da RAG, na que entrara como membro numerario o 17 de maio de 1958. Así publica as Normas Ortográficas no ano 1970 e as Normas Morfolóxicas no 1971.
Ao mesmo tempo o ILG,(Instituto da Lingua Galega) creado en maio de 1971 e dirixido polo Constantino García, publica o manual de aprendizaxe Galego 1, que segue uns criterios normativos propios desvinculados dos de Galaxia e da RAG.


Ao mesmo tempo o ILG,(Instituto da Lingua Galega) creado en maio de 1971 e dirixido polo Constantino García, publica o manual de aprendizaxe Galego 1, que segue uns criterios normativos propios desvinculados dos de Galaxia e da RAG.

Galaxia e parte da RAG acepta. Carvalho, non. Carvalho avanza na aproximación ao estándar portugués.

A sétima edición da gramática de Carvalho, do ano 1979, ano no que comeza o ensino do galego, é a coñecida como normativa de mínimos.


E morre Franco. A Xunta Preautonómica  pídelle a Carvalho que presida a Comisión de lingüística da Xunta Preautonómica, que ten que elaborar normas de uso interno e institucional. Esta comisión aproba as Normas ortográficas do idioma galego, que permitía dúas solucións, en moitos apartados, unha delas máis próximas ao sistema galego-portugués. Publicouse en 1980
Pero seis meses despois a Comisión de lingüística da Xunta Preautonómica publica unha segunda versión próxima á do ILG, que será imposta, non acordada, polo parlamento no ano 1982. Comezou un conflito aparentemente de ortografía, pero que responde distintas maneiras de concibir a lingua galega.
Agardamos que este Día das Letras Galegas, tan agardado, sirva para que os galegos e galegas coñezan mellor o proceso de creación da norma escrita, e que sexan coñecedores de que o galego é unha lingua internacional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario