mércores, 3 de xuño de 2020

Misión Oxalá


Oxalá cando remate todo isto poida….

Ese foi o desafío e o vídeo, misión Oxalá, o resultado. 
Nel poñemos voz e imaxe a algúns dos moitos desexos do alumnado de Tecnoloxía de 2° e 3° da ESO do noso centro, e do resto de institutos que forman parte da Axencia Espacial Escolar Galega, para cando remate o periodo de confinamento provocado pola COVID-19.
Entre tantas cousas pendentes, tamén quedou o lanzamento da MarumaSat V, que non puido voar a estratosfera nas datas previstas.
Agardamos desde o Equipo da Biblioteca que estas imaxes vos transmitan ánimo e confianza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario