Amosando publicacións coa etiqueta Bibloleiros.Concello. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibloleiros.Concello. Amosar todas as publicacións

venres, 9 de setembro de 2016

"Mentira" de Care Santos


"Mentira" de Care Santos, en Edebé.
Premio Edebé de Literatura Juvenil 2015 (Recomendacións en Radioleiros)
Care Santos
Bootrailer realizado por Pablo Penalva, Joana Durà, Ferran Gassó, Eva Giner.

Unha novela xuvenil dividida en tres partes: a primeira e a terceira están narradas en primeira persoa por Xenia e a segunda por Marcelo e está escrita en forma de carta.

Xenia é unha moza, unha boa estudante de 2º de bacharelato, curso no que estaba especialmente interesada en sacar boas notas para poder entrar na carreira de Medicina na Universidade. Pero, ultimamente o seu rendemento baixou. Coñeceu, a través de Internet, un mozo do que namorou. Entrou en contacto con el dunha maneira bastante casual. A profesora de filosofía recomendoulles, para subir nota, a lectura da obra El guardián entre el centeno de Salinger e cando colleu o libro na biblioteca no seu interior traía un punto que dicía “comparte a túa lectura con outros mozos coma ti no fórum da nosa páxina web”.
Portada
Entrou no fórum e noutras páxinas de Internet para ver que dicían desa obra e aí atopou un comentario curioso ao que decidiu contestar. Así se puxo en contacto cun mozo que se presenta como Marcelo López de 17 anos. Empezan a intercambiar correos e ela proponlle quedar para coñecerse. Como el se nega, Xenia comeza a facer indagacións ...

A autora di que á hora de escribir esta narración pensou en que “debíamos formularnos algunhas preguntas incómodas e reflexionar sobre algún asuntos que nunca son tan simples como nos empeñamos en pensar” e aclara que o personaxe de Marcelo López está baseado nunha persoa real e que para ela é o verdadeiro protagonista da obra.
Unha obra interesante que fala da delincuencia xuvenil e da súa reinserción na sociedade, pero tamén da amizade, do amor, da familia e da solidariedade. Móstranos como o amor pode transformarnos, tanto para ben como para mal.

luns, 9 de novembro de 2015

Del color de la leche de Nell Leyshon

Editorial Sexto piso

A protagonista é Mary, unha nena de 15 años que vive coa súa familia nunha granxa na Inglaterra rural de 1830, ten o pelo do color do leite e naceu cun defecto físico nunha perna. 
Mary logra escapar momentáneamente da condena familiar de traballar da mañá á noite, cando é enviada para traballar como criada coidando á muller do vicario, que está enferma terminal, entón ten a oportunidade de aprender a ler e escribir. Como ela mesma di, “deixa de ver un montón de raías negras nos libros". 
Sen embargo pronto descobre que a luz moitas veces é máis cegadora que as sombras, polo que só lle queda tratar de contar a súa historia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

xoves, 1 de outubro de 2015

LA CATA de ROALD DAHL


La cata" texto de Roald Dahl e ilustracións de Iban Barrenetxea, editado por Nórdica Libros.


O matrimonio Schoflield, pertencente á burguesía londiniense e a súa filla, agasallan aos seus convidados, entre eles o narrador da historia, cunha exquisita cea, na que asistidos por unha peculiar criada, os comensais degustarán ademais de suculentas viandas, espléndidos viños ofrecidos polo anfitrión que darán lugar a unha tensión de dimensións realmente insospeitadas, debido á presenza entre os invitados dun recoñecido enólogo que goza coas apostas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

xoves, 4 de xuño de 2015

A neve interminable

A neve interminable de Agustín Fernández Paz


Unha magnífica novela xuvenil na que o misterio é a temática principal. 


A historia acontece nun hostal da Fonsagrada, durante o inverno. Un equipo de guionistas recibe a encarga de escribir os guións dunha serie de televisión. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nese hostal solitario. Ao terceiro día de estar alí, comeza a nevar. Unha nevarada que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Segundo van escribindo poderemos coñecer o extraordinario relato de Miro “A casa azul”, o excelente de Irene “Herdanza de sangue”, o angustioso de Diego “A néboa da vinganza” ou o azaroso de Ruth “Un incidente no internado”. A situación climatolóxica empeorará e pouco a pouco irán descubrindo cousas que os fará sospeitar que algo raro está pasando e un tremendo medo comeza a penetrar nas súas vidas.

Unha novela de intriga e medo, cun final diferente e inesperado.
(Recomendado por Bibloleiros)

luns, 13 de abril de 2015




"La delicadeza" de David Foenkinos en Seix Barral.
Novela que nos presenta a Nathalie, unha moza fermosa e discreta, felizmente casada con François. Levan unha vida feliz, pero, un día, el sae a correr e é atropelado. Pouco despois morre. Por esta causa, ela céntrase no seu traballo, dedícalle todas as súas horas. Pero cando menos o espera, volve a namorarse...
O autor fai referencias a distintos autores e obras clásicas (Bella del señor de Albert Cohen, Rayuela de Cortazar, El amante de Marguerite Duras, La separación de Dan Franck, etc).
É unha fermosa historia, que nos fala de emocións e sentimentos, de non perder nunca a esperanza, de que volver a sorrir é posible, de que hai que aproveitar eses pequenos momentos que moitas veces nos ofrece a vida. É un canto á vida é á esperanza.
Foi galardoada con dez premios (o Premio dos Lectores de Télégramme, Premio An Avel, etc.) e quedou finalista dos grandes premios literarios franceses (Goncourt, Renaudot, Médicis, Fémina, Interallié…Tamén levada ao cine, a película está dirixida polo propio autor e por seu irmán Stéphane. 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido enRadioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

domingo, 15 de marzo de 2015

El lenguaje de la flores

El lenguaje de las flores, de Vanessa Diffenbaugh  
Edit. Salamandra

A protagonista é unha moza de 18 anos que pasou a súa vida entrando e saíndo de casas de acollida e de pisos tutelados, unha veces por culpa da súa forma de ser e outras pola falta de humanidade dalgunha das familias. Por estas causas converteuse nunha moza introvertida e arisca, unha persoa con moitas carencias afectivas, que o único que a libera, e onde se sente ben, é na súa relación coas plantas e coas flores. Está a punto de ser expulsada do último piso tutelado e narra as súas aventuras pasando de ser practicamente unha vagabunda, a traballar nunha floristería e despois montar o seu propio negocio. 
Ten a cualidade de que coñece a linguaxe das flores e que, ademais, producirá ese efecto nas persoas que reciban eses ramos, en función das flores que os compoñan. Isto fará que a clientela solicite que ela faga os ramos. Vemos unha moza marcada por unha dura historia persoal e como atopa nesta linguaxe un medio para confiar e amar aos seus semellantes.
Esta linguaxe está inspirada no código que a sociedade victoriana inglesa utilizaba para expresar sentimentos por medio das flores, que doutra maneira non se poderían dicir nesa época, e tamén na obra “Le Langage des Fleurs”, de Charlotte de Latour, un compendio da simboloxía das flores que a súa autora recolleu da poesía e a mitoloxía antigas e incluso da medicina

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

luns, 2 de marzo de 2015

Amor de serea

Amor de serea: un misterio para Tintimán en Vigo, de Jaureguizar
 Ilustrado por José Matalobos Xerais

 Unha nova aventura para Tintiman, este rapaz un pouco atolondrado e bastante arriscado, mezcla de Tintín e Indiana Jones, que herdou do seu pai a paixón por investigar misterios e tamén o amor pola aventura, ademáis dun axeitado traballo de xornalista, aínda que só é un adolescente de 16 anos. Trasládase a Vigo a investigar a desaparición do ouro dos galeóns de Rande afundidos na entrada da ría, acompáñano o seu gato, o señor Grozni, a súa “case” moza, ademáis de compañeira de escola, Mónica e a intrépida fotógrafa, Maika.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en  Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

venres, 20 de febreiro de 2015

La montaña mágica


http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=monta%C3%B1a+magica+thomas+mann&idx=Está considerada unha obra clásica da literatura alemá do século XX. Comezou a escribila en 1912, a raíz dunha visita a súa muller a un sanatorio de Davos, nos Alpes suízos, no que estaba internada. Deixouna interrompida con motivo da Primeira Guerra Mundial e continuouna en 1920. Publicouse en 1924.

Narra a estancia do seu protagonista principal, o mozo Hans Castorp, nun sanatorio para enfermos de tuberculose, situado en Davos, entre os anos 1907 e 1914. Vai coa intención de visitar a un primo e estar con el tres semanas, pero despois quédase 7 anos. Alleos ao transcorrer do tempo, unha serie de personaxes dispares representan a condición humana e son a iniciación intelectual deste mozo.

Moitos especialistas considérana unha obra filosófica porque introduce moitas reflexións sobre o tempo, a enfermidade, a morte...

Reflicte á perfección o modelo de vida da burguesía europea de principios do século XX e mostra as contradicións sociais e intelectuais da época. 


Lmontaña mágica, de Thomas Mann
Edhasa
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido enRadioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


mércores, 19 de novembro de 2014

"Príncipe de Asturias de las Letras" ao irlandés John Banville




Max Morden marcha a unha vila costeira na que veraneou cos seus pais na infancia. O pasado convértese no seu acobillo fronte ás dolorosas lembranzas de cando vivía con Anna, a esposa xa falecida.

Na súa casa de veraneo repasa e mestura fragmentos da súa vida, a adolescencia, a vida coa muller, a relación coa filla, os momentos polos que está pasando no presente. Rememora, en definitiva, o descubrimento da amizade, do amor pero tamén da dor.

A novela vén sendo a meditación sobre a perda dos seres queridos, a pasaxe necesaria do duelo, a ollada cara as lembranzas do pasado que van ser bálsamo para superar as dores do presente.

Esta obra gañou os premios Man Booker no ano 2005 ou o Irish Book no 2006.

mércores, 22 de outubro de 2014

La danza del tiempo


Fermosa obra que, mesturando ficción e realidade, achega o coñecemento do sistema solar e a mitoloxía aos máis pequenos. Compara o sistema solar cunha compañía de danza, na que a directora é dona sol, e explica como os oito planetas dan voltas ao seu redor, nun baile harmonioso e delicado. Ao mesmo tempo, para explicar a orixe do nome dos distintos planetas relaciónaos coa mitoloxía.


Un imaxinativo álbum, cunhas orixinais ilustracións, que vai gustar aos nenos e nenas, pero tamén aos pais, nais e profesorado que queiran introducilos no mundo da astronomía.

"La danza del tiempo" de Irene Aparici e Enrique Quevedo 
Recomendado en http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/