Amosando publicacións coa etiqueta Promoción lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Promoción lectura. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de xullo de 2019

Roteiro do libro Volverás,golfiño


Actividade conxunta IES DAVID BUJÁN de Cambre  IES MIRAFLORES de Oleiros.
Roteiro do libro Volverás, golfiño.

ACTIVIDADE IRMANDAMENTO
Desde hai catro cursos ambos os centros organizamos unha actividade conxunta para o alumnado dos clubs. En anos anteriores participara 1BACH (“Visita á Casa Museo de Manuel María” e “Carlos Casares en Ourense”) e este curso organizámolo para os grupos de 1ESO. Esta experiencia valorámola moi positivamente porque lles permite coñecer a compañeiros e compañeiras do outro centro, que tamén teñen ese gusto pola lectura e por compartir a súa experiencia lectora.
Roteiro realizado o 19 de xuño
ITINERARIO


Viaxe ata Camelle. Visita guiada ao do Museo de Man e visita ao Xardín das estatuas, no peirao.


Desprazamento ao a Igrexa  do Espírito Santo para ver a campá do barco “City of Agra”, agasallo dos superviventes do barco a quen axudaron os veciños cando naufragou.



 Percorrido desde a praia do Trece ao Cemiterio dos Ingleses onde están soterrados os náufragos do “HMS Serpent”, e” Iris Hull”. Lectura do fragmento seleccionado. Gardamos un minuto de silencio.







Parada para comer na praia do Trece. Lectura do fragmento seleccionado



























mércores, 30 de maio de 2018

O TITANIC na biblioteca

Panel de nomes de peixes en inglés

A lectura do libro e mais o encontro co escritor Xurxo Souto,  autor de Contos do mar de Irlanda, serviu de pretexto para realizar unha liña temática arredor do mar, as súa lendas, coñecer artes de pescas, a flora e fauna marítima. Nesta ambientación colaboraron todo o alumnado e profesorado do IES.







venres, 10 de novembro de 2017

sábado, 11 de marzo de 2017

Maldito D.N.I.! Reseña e encontro

Club de Lectura
Moita Letra
Encontro co autor
Pepe Carballude




No club de lectura de 1º de Bacharelato recibimos ao autor da novela que lemos no primeiro trimestre:
Maldito D.N.I.!



                       Reseña das alumnas do club de lectura de 1º de Bacharelato

Maldito DNI! é a novela do autor Pepe Carballude que vimos de disfrutar no club de lectura de 1º de Bacharelato.
Don Olimpio, o protagonista, desexa morrer oficialmente para poder vivir tranquilo os seus últimos anos, sen ter que dar conta ao fisco nin á xustiza. Quere ser feliz. E para conseguilo, decide facer chegar ao Rexistro Civil un certificado de defunción falso. Este punto de partida disparatado fai que Leonor, a súa muller, decida ocultar a verdade e axudalo co ánimo de que finalmente poida curarse.
As lendas e as tradicións galegas están moi presentes nesta divertida novela chea de misterio e sorpresas, adornados cun toque de loucura que fai rir a calquera que a lea: As ánimas viventes, a cultura da morte como alguén que convive connosco… Tamén os sentimentos, as emocións, as reflexións e a intriga. A intriga que se vai apoderando de nós cada vez máis rápido, pois esta novela algo ten de policial.
A retranca, esa habilidade para falar con segundas intencións á procura dunha graza intencionada, que nos caracteriza como galegos, é unha constante da obra. E o logro de facernos crer aos lectores que a tremenda tolería na que estaba inmerso o protagonista era algo corrente, cotián, e sorprendernos pensando que calquera de nós podería plantexarse semellante aventura na súa situación.
Pero se a lectura de Maldito DNI! nos regalou momentos moi pracenteiros, o verdadero agasallo foi coñecer a Pepe Carballude, o seu creador. Esperabamos a súa chegada con moita ilusión, a mesma coa que el nos visitou. Enseguida creou un ambiente acolledor e familiar. Trouxo con el toda esa sabiduría que amosa a través dos seus libros e contestou con amabilidade as nosas preguntas. Relatounos moitísimas historias que lle aconteceran ou que lle contaran na súa infancia e que inspiraran as outras, as literarias. Pero o máis sorprendente foi descubrir o seu proceso de creación. El comeza os relatos a raíz dalgún feito que lle sorprendeu e escribe sen saber o que acontecerá despois. Parécenos como se el mesmo fose un lector que imaxina segundo vai lendo. Un proceso máxico co que non só disfrutamos nós, senón tamén o propio autor.
O encontro con Pepe Carballude foi para nós como encontrarnos cun vello amigo.
               

       Ángela Busto de Armas, Ana Estévez Fernández e Tamara Monelos Suárez

mércores, 22 de febreiro de 2017

Mary Shelley, biografía en banda deseñada




Portada 


En Diabolo Ediciones atoparás a biografía dunha das escritoras máis universais e interesantes que o tempo non avellenta.



martes, 31 de xaneiro de 2017

Club de Lectura MOITA LETRA

Hoxe o club de lectura de 1º de bacharelato da biblioteca IES Miraflores mantivo un encontro co escritor Pepe Carballude. 
Na biblioteca e durante dúas horas o alumnado preguntou e interesouse pola novela Maldito DNI! obra do autor, que xustamente este ano cumpría dezaoito anos e que sen embargo se sentía como actual e vixente. Pois o desexo de Olimpio Montes de morrer legalmente e vivir lonxe e fóra da burocracia permanece hoxe en día.












Club lectura de profes e ANPA

Co motivo de establecer este curso a biblioteca como  Territorio das Artes, o club de lectura do centro que agrupa a profesores e a pais e nais interesados, escolleu  para este primeiro trimestre a lectura da novela titulada La joven de la perla de Tracey Chevalier.








domingo, 12 de xuño de 2016

Os libros son para valentes


Compartimos este fermoso e excelente traballo do EEI de Barrionovo (Arteixo) en prol da lectura. A lectura dos valentes que queren vivir e disfrutar de mil e unha aventuras.
Grazas polo voso taballo. Parabéns.

xoves, 2 de xuño de 2016

Casa Museo de Manuel María

O luns día 30, os clubs de lectura do IES David Buján e IES Miraflores foron coñecer a casa e a contorna que tanta pegada deixaron na obra do poeta Manuel María, a quen tiveron a ocasión de ler, recitar e coñecer.
A celebración das Letras Galegas neste ano 2016 foi unha espléndida ocasión para coñecer un dos poetas importantes e máis interesantes da nosa literatura. O día acompañou e a beleza do río Miño, a carballeira, con tantas árbores cantadas polo poeta, a ermida de Santa Isabel e a fermosura da casa natal deron lugar a unhas sensacións pracenteiras e moi literarias.





O pasado 30 de maio fixemos un roteiro literario a partir da poesía de Manuel María. Nesta actividade colaboramos os clubs de lectura do IES David Buján de Cambre e do IES Miraflores de Oleiros.
                                   


 Foi a figura e a poesía de Manuel María, poeta lucense homenaxeado no Día das Letras Galegas, quen nos motivou para levalo a cabo. Durante os meses de abril e maio os alumnos leron unha parte da obra poética do autor, na que se aproximaron ao seu sincero sentido social, ao fondo respecto que amosa pola natureza e ao seu intenso amor cara aos seus. 









Os compoñentes dos clubs de lectura de ámbolos institutos coñecereron os espazos da terra natal do autor, Outeiro de Rei, que inspiraron os seus poemas: A casa museo Manuel María e a súa contorna (A carballeira, o muiño e a ermida de Santa Isabel, a ribeira do río Miño). E disfrutaron xuntos da lectura sonora dalgúns poemas de Terra Cha, Os soños na gaiola, As rúas do vento ceibe e Sonetos á casa de Hortas.