Club de Lectura
Moita Letra
Encontro
co autor
Pepe
Carballude
No club de lectura de 1º de Bacharelato recibimos ao autor da
novela que lemos no primeiro trimestre:
Maldito D.N.I.!
Reseña das alumnas do club de lectura de 1º de
Bacharelato
Maldito DNI! é a novela do autor Pepe Carballude que vimos de
disfrutar no club de lectura de 1º de Bacharelato.


As lendas e as tradicións galegas están
moi presentes nesta divertida novela chea de misterio e sorpresas, adornados
cun toque de loucura que fai rir a calquera que a lea: As ánimas viventes, a
cultura da morte como alguén que convive connosco… Tamén os sentimentos, as
emocións, as reflexións e a intriga. A intriga que se vai apoderando de nós
cada vez máis rápido, pois esta novela algo ten de policial.
A retranca, esa habilidade para falar
con segundas intencións á procura dunha graza intencionada, que nos caracteriza
como galegos, é unha constante da obra. E o logro de facernos crer aos lectores
que a tremenda tolería na que estaba inmerso o protagonista era algo corrente, cotián,
e sorprendernos pensando que calquera de nós podería plantexarse semellante
aventura na súa situación.

O encontro con Pepe Carballude foi para
nós como encontrarnos cun vello amigo.
Ángela Busto de Armas, Ana Estévez Fernández e
Tamara Monelos Suárez
Ningún comentario:
Publicar un comentario