venres, 30 de novembro de 2012

 

E Xabier Docampo contounos un conto.

 O criado do rico mercader.  As mil e unha noites

Erase unha vez, na cidade de Bagdad, un criado que servía a un rico mercader.
Un día, moi cedo, o criado, dirixiuse ao mercado para facer a compra. Pero esa mañá non foi coma todas as demais, porque esa mañá viu alí á Morte, e a Morte fíxolle un xesto.


Aterrado, o criado volveu á casa do mercader.
-Amo- díxolle-, deixame o cabalo máis veloz da casa. Esta noite quero estar moi lonxe de Bagdad, esta noite quero estar na remota cidade de Ispahan.
-Pero, porque queres fuxir?.
-Porque vin a morte no mercado, e me fixo  un xesto de ameaza.
O mercader  compadeceuse del e deixolle o cabalo, e o criado partiu coa esperanza de estar esa noite en Ispahan.

Pola tarde, o propio mercader foi ao mercado e, como lle sucedera antes ao criado tamén el viu á Morte.
-Morte-, díxolle achegándose a ela- porque lle fiseches un xesto de ameaza ao meu criado?.
-Un xesto de ameaza? Non, non foi un xesto de ameaza, senón de asombro. Sorprendeume  velo aqui, tan lonxe de Ispahan, porque esta noite debo levarme en Ispahan ao teu criado






Ningún comentario:

Publicar un comentario