xoves, 9 de abril de 2015

Encontro con Dolores Vilavedra



Conferencia de Dolores Vilavedra.

En colaboración coa biblioteca Rialeda do concello de Oleiros, o alumnado de 2º de bacharelato mantivo un encontro coa profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra, quen lles ofreceu un panorama xeral da historia da literatura galega contemporánea. O encontro tivo lugar nas Torres de Santa Cruz e logo da exposición deuse un coloquio vivo protagonizado por un alumnado de segundo de bacharelato moi interesado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario