xoves, 3 de setembro de 2015

León Tolstoi


O autor ruso é unha das lecturas imprescindibles no marco da literatura europea e universal. A biografía de Tolstoi chama a atención pola personalidade vital do autor, as súas inquedanzas sociais e místicas e o  gran poder e talento narrativos. Resulta realmente difícil salientar algunha das súas obras pero na caracterización de personaxes con todos os matices e contradicións humanas sobresae Anna Karenina, que xuntamente con La Regenta ou Madame Bovary compoñen un fito literario feminino inda non superado. A gran novela Guerra e Paz vén sendo outra mostra de todas as clases sociais rusas coas súas virtudes e defectos.
Este conto a modo de fábula, ¿Cuánta tierra necesita un hombre? está hoxe en día de plena actualidade, xa non soamente polo seu tratamento e gusto literarios senón pola temática, que nos achega de xeito crítico cara ao verdadeiro valor da riqueza. 
O libro está fermosamente editado por Nórdicalibros e contén as persoais e fermosas ilustracións de Elena Odriozola, ilustradora con importantes premios debidos á súa creatividade e técnicas artísticas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario