jueves, 22 de diciembre de 2016

Festa e agasallos na biblioteca

Jano nomea os premiados
O 21 de decembro vivimos a última xeira da biblioteca. Como vén sendo tradición, o ilustrador Jano, un ano máis entre nós, participou na entrega de premios tras a celebración nestes días anteriores do obradoiro de cómic que el dirixiu.

Parabéns aos premiados, noraboa ao profesorado e alumnado que participou e animou este entretido, plástico e solidario obradoiro, pois puxo voz aos refuxiados que están a petar nas nosas portas. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario