Hoxe o club de lectura de 1º de bacharelato da biblioteca IES Miraflores mantivo un encontro co escritor Pepe Carballude.
Na biblioteca e durante dúas horas o alumnado preguntou e interesouse pola novela Maldito DNI! obra do autor, que xustamente este ano cumpría dezaoito anos e que sen embargo se sentía como actual e vixente. Pois o desexo de Olimpio Montes de morrer legalmente e vivir lonxe e fóra da burocracia permanece hoxe en día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario