venres, 31 de marzo de 2017

O ESCRITOR AMADEO COBAS NO MIRAFLORES

O escritor Amadeo Cobas no Miraflores.
O martes 28 de marzo, os alumnos e alumnas de 1º ESOC recibiron a visita do escritor Amadeo Cobas. Roi, un alumno deste curso, fixera unha presentación na clase do libro A cacería e gustoulles moito. E tivemos a posibilidade de que o autor se achegase ao Miraflores . E desde logo aproveitámola.
O que máis lle gustara a Roi era que A cacería trataba de tribos, xa que hai poucos libros que traten o tema. Cando comezou o libro pareceulle que o protagonista, Zairo, non ía sobrevivir na aventura que se lle poñía por diante, pero percatouse que quizais o conseguiría grazas á súa astucia e intelixencia. O libro parecéralle moi interesante, e sentiu pena ao acabalo.
Recibimos a Amadeo e fixemos unha foto coa Rosalía do Miraflores. Logo subimos á biblioteca.
Entre os numerosos temas dos que falou, Amadeo insistiu moito na importancia da natureza, da relación do ser humano con ela, algo que experimentou especialmente cando viviu nos Perineos.
E foron saíndo temas como o de Afonso Graña, o galego rei do Amazonas. Ou a lenda das sereas do Amazonas, uns golfiños rosas que din que se converten en persoas.Ou a fonte dos cabalos de Compostela, na que polo visto hai dous cabalos que se levan mal.
Amadeo contoulles cómo comezou a escribir. Lía moitos libros e chegou un momento no que lle gustaba a el inventar o final, cámbialo e por iso decidiuse a escribilo. Moitos comentaron que a eles tamén lles pasaba algo parecido, que se metían tanto nos libros que querían cambialos.
Dirixiuse aos que lle gusta escribir e recomendoulles ler e escribir poesía, porque axuda a entender os sentimentos...e descubrimos que xa hai alguén que o fai en 1ºESOC, que xa escribe poesía.
E para rematar e o que máis éxito tivo foi que puideron probar a cerbatana, e coller a falcata, esa arma terrible que parece no libro A cacería.
Quedaron varios exemplares asinados para a Biblioteca Miraflores. O alumando entregoulle un tríptico elaborado para esta visita, dándolle as grazas por vir falar con eles e para dicirlle que o pasaran moi ben.
Todo comezou coa lectura que fixo Roi e coa axuda de Martín Iglesias. Grazas.
Grazas a Amadeo polas súas historias, e a súa proximidade e alegría. E por ser tan amable.
Temos que darlle as grazas á Editorial Xerais por facilitarnos esta visita. Ata a próxima.



Ningún comentario:

Publicar un comentario