xoves, 20 de abril de 2017

Andrea Maceiras na biblioteca

O martes 18 de abril  ás 12.30h o alumnado de 3 ESO do IES Miraflores asistiu a unha charla coa xoven escritora Andrea Maceiras. Unha sesión amena e divertida na que falou sobre o libro Europa Express e na que se lle fixeron todo tipo de preguntas. 
O clube de Lectura de 1 ESO tamén aproveitou para coñecer á autora do libro que leran no trimestre anterior,Volverás golfiño e puido levar adicados os seus exemplares.
A actividade estaba organizada polo Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística.





Ningún comentario:

Publicar un comentario