xoves, 25 de xaneiro de 2018

Pergamiño Vindel

Os días 16 e 19 de xaneiro o alumnado de 3 ESO e 1BACH do IES Miraflores visitou en Vigo o Museo do Mar, e tivo o grande privilexio de poder ver unha das grandes xoias da lírica galego-portuguesa medieval, como é o Pergamiño Vindel de Martín Códax despois de catro décadas na Morgan Library de New York e a onde regresará no mes de marzo.
A relevancia deste documento radica en que seis das composicións están acompañadas de pentagramas musicais e xunto ás de Don Dinís, rei de Portugal, son as únicas mostras atopadas das cantigas profanas galaico-portuguesas.




En torno ao manuscrito artellouse unha exposición comisariada por Francisco Singul, con outras corenta pezas do século XII ao XV, así como de cadros de autores consagrados procedentes doutros museos galegos para contextualizar unha época de grande riqueza cultural.
Nun marco incomparable, e co pano de fondo da ría de Vigo... á que tantas veces cantou Martín Códax, o noso alumnado fixo un percorrido polo museo e visitou tamén o Acuario.
A actividade estaba organizada polo departamento de Lingua Galega e de Dinamización Lingüística(Antonio Porto e Graciela Grande)

Profesores acompañantes: Sandra Espiñeira, Marta Souto, Lucía Cociña, Begoña Bugía e Manuel Vilar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario