venres, 2 de marzo de 2018

A Real Academia Galega dedicaralle o Día Mundial da Poesía a Xohana Torres

Retrato de Xohana Torres por Laxeiro


A escritora e académica de número, falecida o pasado mes de setembro, será recordada o vindeiro 21 de marzo nun acto literario e musical, a partir das 19:30, no que poetas de distintas xeracións e amizades da autora lerán e comentarán desde unha perspectiva persoal fragmentos da súa obra. Guadi Galego e Guillerme Fernández poranlle música a esta homenaxe.

Declara o oráculo:
Que a banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
Que ramos de loureiro erguen rapazas,
que cor malva se decide o acio.
Que acades destas patrias a vendima.
Que amaine o vento, beberás o viño.
Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.
Así falou Penélope:
Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto nobelo e tanta historia?
Eu tamén navegar.

Xohana Torres, académica da RAG

Ningún comentario:

Publicar un comentario