xoves, 10 de maio de 2018

DÍA DE EUROPA

O 9 de maio é o Día Internacional de Europa, pois neste día, en 1950, tivo lugar a "declaración de  Schumann", ministro de  Asuntos Exteriores francés, na que invitaba a paz en Europa.

O alumnado de Latín, Grego e Cultura Clásica queremos celebralo cun fermoso vídeo no que se repasa a iconografía que hai sobre este episodio mitolóxico: Zeus, metamorforseado en touro, rapta á princesa fenicia Europa



Ovidio conta nas súas Metamorfose:

Atreveuse  tamén a rexia virxe, ignorante de a quen montaba, sentarse  no lombo do touro:
cando o deus,... se leva o seu botín.  Asústase ela ...,  e  coa diestra un corno ten, a outra ó dorso
imposta está; trémulas ondulan coa brisa as súas roupas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario