martes, 12 de agosto de 2014

A viaxe de Gagarin

 A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz
              

Agustín Fernández Paz é un autor de referencia pola súa múltiple obra no noso ámbito cultural. Esta prolífica produción abrangue o ensaio, a innovación pedagóxica e didáctica, o interese polo cómic e o seu aproveitamento didáctico para as aulas e tamén unha obra narrativa profusamente premiada e recoñecida orientada fundamentalmente cara ao lector adolescente. Mais nesta obra A viaxe de Gagarín preséntaa na colección narrativa adulta da editorial Xerais.

A viaxe de Gagarin ambiéntase nos anos 60 na cidade da Coruña e o narrador protagonista conta as lembranzas vividas na cidade durante a súa adolescencia mentres os seus país rexentaban unha librería. Miguel, o protagonista adulto, experimenta a necesidade de narrar e así o fai inda que máis tarde exprese que el non é ningún escritor para facelo. Desta dualidade narrativa infantil-adulto reséntese a novela porque dá a impresión de que o autor non dá collido a tecla oportuna para a narración:

En canto á caracterización dos personaxes soamente hai bos ou moi bos e malos malísimos. Os segundos son o xuíz, os inspectores, fundamentalmente Gesteira, os profes de Relixión, Política e Xeografia. Os pais e amigos dos pais todos eles do PCE son nobres, idealistas, traballadores e sempre xustos. O propio protagonista e a súa namorada Francesca inxenuos e inocentes.

Para a lingua, o autor emprega de maneira excelente o rexistro normativo con ton áxil e coloquial inda que carece de expresividade e abusa extraordinariamente do adverbio xaora.

Outras reseñas da novela e referencias á mesma así como a súa elaboración e documentación pódense atopar no blog http://blog.xerais.es/tag/a_viaxe_de_gagarin/











Ningún comentario:

Publicar un comentario