xoves, 12 de outubro de 2017

BICOS CON LINGUA

O martes 10 de outubro, ás 11.30 h, o alumnado de 3 ESO A e C do IES Miraflores asistiu no Ágora de A Coruña á representación teatral Bicos con lingua.Un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situación cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.

Nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da súa intención, senón de afondar con humor nun problema real e, certamente, preocupante. Así, a montaxe supón para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.
O noso alumnado disfrutou sen dúbida desta divertida peza de Talía Teatro. 






A actividade estaba organizada polo Departamento de Galego e o Equipo de Dinamización lingüística do IES Miraflores.

Profesores acompañantes: Nel,Theresa e Graciela

Ningún comentario:

Publicar un comentario