O martes 10 de
outubro, ás 11.30 h, o alumnado de 3 ESO A e C do IES Miraflores asistiu no
Ágora de A Coruña á representación teatral Bicos con lingua.Un espectáculo en clave de
comedia no que a través de diversas situación cotiás invita a unha fonda
reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.
Nace dun forte
sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega.
Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da
súa intención, senón de afondar con humor nun problema real e, certamente,
preocupante. Así, a montaxe supón para o espectador unha experiencia de
redescobremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a
pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.
O noso alumnado
disfrutou sen dúbida desta divertida peza de Talía Teatro.
A actividade estaba
organizada polo Departamento de Galego e o Equipo de Dinamización lingüística
do IES Miraflores.
Profesores
acompañantes: Nel,Theresa e Graciela
Ningún comentario:
Publicar un comentario