sábado, 9 de xuño de 2018

Roteiro cultural 2018


Roteiro cultural e literario 2018 
IES NEIRA VILAS. PERILLO
IES MIRAFLORES. OLEIROS
Martes 5 e mércores 6 de xuño levouse a cabo o percorrido xeográfico e biográfico arredor de tres figuras representativas e vencelladas ao concello de Oleiros. José Mª Kaydeda, Anisia Miranda e Antonio Tenreiro.
Ao traballo de redacción e pescuda que se realizou desde o Neira Vilas e Miraflores, ademais da axuda documental da biblioteca Rialeda, sumáronse as intervencións de Roi Casal coa súa música e experiencia do coñecemento de Cuba e de Neira Vilas. As explicacións de Ana Sogo, directora do Museo Os Oleiros. José Mª Kaydeda, que orientou acerca do valor etnográfico, antropolóxico e en definitiva cultural das pezas de oleiría. Finalmente na Casa Charry, Felípe Senén, museólogo, crítico e especialista en Arte, achegounos a figura do pintor e arquitecto Antonio Tenreiro, a través dos oitro cadros alí expostos.
Gozamos nestes dous días dunha visita de contido múltiple que nos achegou de xeito activo e diferente moitos aspectos culturais que ás veces non somos quen de ver.













Ningún comentario:

Publicar un comentario