O Mundo Clásico pon nome tamén a numerosas enfermidades, síndromes e complexos. Os alumnos de Grego de 1º de bacharelato irán presentando os máis coñecidos: relación dos síntomas - sempre susceptibles de revisión- e referencia á mitoloxia, así como unha imaxe que adorne o mito.
Complexo de Edipo
Na lenda,
Edipo é abandonado ao nacer e polo tanto non sabe quen son os seus pais. É só
despois de que matou ao seu pai para casarse coa súa nai, que descobre a súa
verdadeira identidade. Polo tanto, o complexo de Edipo é un término que serve
para describir sentimentos de desexo dun neno pola súa nai.
Basicamente
refírese a que o neno sente que está competindo co seu pai pola posesión da súa
nai.
Na lenda Apolo e o deus da música, das artes e da luz por iso considera inferior a todos os demais. Polo tanto a síndrome de Apolo baséase en que esta síndrome aparece con frecuencia cando os integrantes do equipo son persoas con formas de pensar altamente competentes.Estes tipos de equipos fracasan debido a que cada un deles compórtanse ou se vinculan de xeito competitivo e non de cooperación, é dicir, intentar sobresaír dos demais, xa sexa impoñendo as súas ideas sen poñer atención ás outras e realizar debates destrutivos.Todo isto leva á ineficiencia do equipo debido á dificultade de tomar boas decisións e aos posibles conflitos que se dean en torno á procura de superioridade de cada un dos integrantes.
Melanie Milan Camacho 1º Bachillerato C
Ningún comentario:
Publicar un comentario