
Esta biografía de Vicent Van Gogh céntrase soamente nos últimos meses da súa vida, a cal transcorreu
en Auvers que está a 35 km de París. Vicent Van Gogh era un pintor un tanto
estraño para a sociedade xa que ninguén
o comprendía. El ía
por diante do resto dos pintores da época,
mais agora a súa arte é unha das máis codiciadas do mundo. Ninguén podería imaxinar que no seu tempo
vendera soamente un cadro.
O
autor Marcos Calveiro amosa desde os seus textos a beleza dos cadros do pintor.
Así converte os seus cadros en personaxes
e chegamos a coñecelos literariamente e
despois plasticamente cando procuramos na rede os cadros de Adeline, Margaritte,
doutor Gachet etc. Ademais de todo o anterior poderíamos dicir que o libro ten
unha mestura de arte, amor e amizade.
A
historia cóntaa un rapaz de 16 anos cuxa vida está envolta en certo misterio que
na novela non se aclara e deixa a
historia como incompleta. O libro resulta interesante, a língua ás veces un tanto
difícil pero a oportunidade de coñecer a vida de Van Gogh e ver os cadros dos personaxes
e a vila de Auvers foi toda unha sorpresa.
Joaquín
Reiriz Fernández e Víctor Vázquez Mira 3º C
Ningún comentario:
Publicar un comentario