venres, 3 de maio de 2013

O rincón do escritor

Inauguramos unha nova sección para a biblioteca e mais para este blog.
Panel dedicado á obra e vida de José Luis Sampedro

Novelas de José Luis Sampedro
     Co motivo do falecemento do escritor e economista José Luis Sampedro, Marta Represas Fachado de 1º de bacharelato coa colaboración da profesora de Economía, Beatriz Mantiñán, elaboraron un panel con información sobre o autor e dispuxeron un pequeno anco da biblioteca para expoñer a obra que a mesma posúe sobre o escritor. O próximo autor homenaxeado vai ser Roberto Vidal Bolaño, autor festexado para as Letras Galegas deste maio 2013.

Ningún comentario:

Publicar un comentario