venres, 14 de xuño de 2013

Mitos Gregos
Que mellor maneira de rematar un curso que contemplando a estupenda exposición dos mitos gregos!! Non están todos os que son (o próximo ano, descenderán os deuses?), pero si son todos os que están: divindades menores, heroes... e todos acompañados cun elemento que os representa: o talón de Aquiles, as ás de Icaro, a caixa de Pandora, a lira de Orfeo, o ollo das Graias, as mazás das Hespérides, a cabeza de Medusa... e o descomunal Cabalo de Troia.

Os grandes paneis están baseados en vasillas gregas, tal como os concibían os antigos; todos dunha cor alaranxada e percorrendo o río Leteo o Lete, no Hades.

A sorte foi que todos os cursos participaron: 1º e 2º da ESO  coa materia de Ciencias Sociais; de 3º,4º, e bacharelato por Cultura Clásica, Latín e Grego.
 A todos eles hai que agradecerlles a súa boa disposición  nunha época chea de exames.
Ben, isto non fixo máis que empezar.







Profesorado e alumnado que fixeron posible a exposición que encheu o corredor do IES de cultura, mito e traballo cooperativo.

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2013/06/13/miraflores-recrea-grecia-mitologica/732072.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario