Co motivo do programa da ESCOLACOeducativa, e ante a conmemoración do Día
Internacional da Muller, organizouse o concurso "As mulleres da miña vila" dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO co que colaborou a biblioteca do IES Miraflores.
Con esta iniciativa educativa quérese reforzar o traballo realizado na aula a prol da promoción de valores positivos e igualitarios, e convidar o alumnado a reflexionar sobre as desigualdades de xénero que a día de hoxe seguen dividindo ao mundo en dúas metades, onde as mulleres, en moitos casos, se atopan en inferioridade de condicións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario