xoves, 10 de abril de 2014

A biblioteca durante o mes de marzo

Literatura e protagonistas femininas
As activades desenvolvidas durante o mes de marzo estiveron dedicadas á literatura feminina e á presencia  da muller na sociedade de hoxe. Chegan as novidades cun pouquiño de retraso porque durante o mes de marzo a folga do estudantado obrigounos a pospoñer a conferencia sobre María Wonenburguer, que se celebrou hoxe e coa que pretendemos salientar o papel importante da muller no campo das ciencias e en particular das matemáticas.
Nos corredores do centro que levan cara á biblioteca estivo exposta unha mostra cos seguintes apartados.
  • A muller e a música. 
  • A muller e o pensamento.
  • A muller e a ciencia
Este traballo foi elaborabo por profesores do IES Mª Casares e grazas á colaboración da concellería de Cultura puidemos contar con ela de novo e volver así ter contacto  coas figuras femininas que representan tan excelentemente o pensamento musical, filosófico e científico.
A exposición nos corredores do centro







Para poñer o ramo ás  actividades contamos coa profesora Mª José Souto Salorio, profesora da UDC, quen nos achegou e deu a coñecer a figura de Maria Wonenburguer como profesora pioneira no ámbito das matemáticas e da álxebra. A profesora Carmen Peñamaría, xefa do departamento de Matemáticas, presentou a conferenciante e fixo fincapé no lema que este curso campa na biblioteca animando a Ler Ciencia. O noso agradecemento pola colaboración do departamento de Matemáticas e a profesora Souto pola súa dispoñibilidade.
Profesora Mª Carmen Peñamaría,  xefa do departamento de Matemáticas  
A profesora Mª José Souto Salorio da Universidade de A Coruña

Ningún comentario:

Publicar un comentario