A prensa comunicaba esta fin de semana o falecemento de María Wonemburguer. A importante matemática, nada en Montrove, deixa unha pegada científica e humana imborrables na nosa historia.
Este ano desde a biblioteca e coa colaboración do departamento de Matemáticas, a profesora da UDC, Mª José Souto deunos a coñecer de xeito entrañable a importancia e vigor do traballo de María Wonemburguer. Tamén no roteiro cultural que se leva a cabo cada ano, grazas ao pulo da biblioteca central Rialeda de Oleiros, a profesora matemática e alxebrista é unha das biografías reseñadas polo alumnado de bacharelato do centro.
María Wonenburguer nace na
parroquia de Montrove, concello de Oleiros un 19 de xullo de 1927. A súa familia pertence á clase industrial
burguesa de A Coruña de xa sonado nome, a Fundición
Wonenburguer, e vén sendo a primoxénita do matrimonio formado por Julio
Wonenburguer, de orixe alsaciana e Amparo Planells, de ascendencia valenciana.


María
Wonenburguer con 26 anos decide marchar. Ábrese para ela un futuro moi incerto,
pois abandona país, familia e amizades por unha carreira catalogada coma non
feminina, de escaso resultado práctico para o ámbito familiar que preferían a
enxeñería e o negocio familiar, e por riba trátase en definitiva dunha escolla
de exclusiva vocación íntima e persoal. Para poder cumprir os seus obxectivos
MW solicita e consegue unha bolsa Fullbright que convoca por vez primeira para
España, o Instituto de Educación Internacional dos EEUU e así vai comezar a súa
carreira no estranxeiro. Unha vez máis a recén licenciada vai abrindo camiños,
pois grazas a súa dedicación e valentía convértese nunha auténtica pioneira e
espello para moitas outras mulleres. MW pertence á primeira promoción de
licenciados en Matemáticas, a primeira española en acadar unha bolsa Fullbright
para realizar o doutoramento en
Matemáticas, nos EEUU. Todo isto en 1953.
MW
prepara o seu regreso a España en 1957. Trae un doutorado baixo o brazo
dirixido polo profesor que dá nome ao radical Jacobson, o afamado alxebrista Nathan
Jacobson, mais este doutoramento da Universidade de Yale non lle é validado
academicamente en España e así comeza unha nova tese, dirixida polo profesor
Germán Ancochea, catedrático de orixe galega, especialista en Xeometría Diferencial,
de Álxebra e da Xeometría Alxebraica. Unha vez rematada a segunda tese, atende
a solicitude do profesor Israel Halperin e trasládase a Ontario e máis tarde á
Universidade de Toronto. Maria W permanece seis anos en Canadá como única
profesora de Matemáticas, que desempeñaba
tal posto daquela, nesta universidade.
A
partir de 1966 trasládase a EEUU. As ofertas de traballo e investigación están
nas universidades americanas mentres que en España, inda tendo ás veces o
pensamento de regresar, nin existe o campo de investigación que lle interesa
nin se lle ofrece a posibilidade de facelo. Así vai exercer como Full Professor na Universidade de
Indiana desde 1967 ata 1983. Este periodo de tempo de 16 anos foron fuctíferos
profesional e persoalmente, pois relaciónase e coñece os máis grandes
profesores e matemáticos do momento como Emil Artin, creador dos aneis que
levan o seu nome “aneis Artin”, Max Zorn, descubridor do lema de Zorn e
investigador dos Espazos Banach e outras álxebras, Paul Halmos que destaca nas
teorías da probabilidade e numerosos estudosos e investigadores cos que comparte
coñecementos, docencia e amizade.
O
labor docente de María Wonenburguer espéllase nas teses doutorias que dirixiu e
nos novos camiños que abre a investigación para as matemáticas mais tamén para
outras ciencias. Non podemos citar a todos os seus doutorandos como Stephen
Berman, Richard Lawrence Marcuson, Bette Warren pero entre todos eles destaca Robert
Moody cuxa investigación dá orixe ás álxebras coñecidas na actualidade co nome
de Kac-Moody e polas que a comunidade científica recoñece a Wonenburger como
unha matemática de primeira liña.
Regresa
María Wonenburguer a Galicia, ten 56 anos e volve por razón familiares que a
van apartar dos labores de docencia e investigación. Nada se sabía do seu
traballo nin da súa aportación ás matemáticas e ao campo científico en xeral.
Nestes momentos non podemos menos que agradecer a dúas profesoras coruñesas o
descubrimento da eminente matemática. Tamén elas son profesoras da universidade
e do campo científico, Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar van descorrer
o veo que tapou o traballo de tantas mulleres profesionais e van facer visible
a figura de María Wonenburguer xa non soamente para a sociedade oleirense e
coruñesa senón para toda Galicia e España. A partir das súas publicacións e
divulgacións a María Wonenburguer chegan en vida os recoñecementos da
universidade, asociacións e sociedade máis próxima. E así merecidamente a Xunta
de Galicia crea o Premio María
Wonenburguer para a ciencia e a tecnoloxía. No 2007 recibe o momeamento de
socia de Honra da Real Sociedad Matemática Española, a biblioteca o IES Blanco
Amor de Culleredo leva o seu nome e a Universidade de a Coruña agasállaa coa
máxima distinción universitaria como é o nomeamento de Doutora Honoris Causa da
mesma.
Por
último no ano 2012, o seu lugar de nacemento, Montrove, vai honrar a súa persoa
cun fermoso bosque que se bautiza como
Parque de María Wonenburguer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario