A partir do tópico "unha imaxe vale máis ca mil palabras", o ilustrador Mark Ludy presenta un libro rompedor. Todas as páxinas son imaxes, fermosos cadros que se transforman en narración onde o lector, a lectora ou o relator van contando a historia.
A color, as caras dos personaxes, as rúas ateigadas de vida, pois hai de todo en cada ilustración e así sen querer imos así pasando a historia e a vida mesma. O protagonista é un descoñecido que leva unha flor, que se instala na cidade e é quen de poñer esperanza e luz na vida de todos os seus veciños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario