xoves, 15 de xaneiro de 2015

Las Meninas/ As Meniñas



Santiago García e Javier Olivares presentan a través da editorial  Astiberri, a novela gráfica titulada Las Meninas na que nos contan a biografía de Velázquez. Este cadro icónico da cultura española serve ademais para ir amosando a extraordinaria influencia que o retratio tivo ao longo da historia. Así aparecen na novelas as  variarións sobre as Meniñas de Pablo Picasso, os apuntes de Dalí ata chegar mesmo ata o grupo Crónica. 
Ás referencias pictóricas cómpre engadir o enriquecemento literario e atopamos citas de B. Gracián, de Quevedo, á obra de teatro de Buero Vallejo sobre o propio pintor e alusións a outras obras clásicas que se ocuparon de Velázquez e da súa obra máis universal. Velázquez é a cultura pictórica hispánica o que simboliza Cervantes para as letras. 

A súa lectura é moi recomendable para amantes da pintura en xeral, da arte e de moito proveito para o alumnado de 2º de bacharelato dado o acerto en amosar toda a liña de influencias artísticas e literarias que a obra produciu e produce.



Ningún comentario:

Publicar un comentario