martes, 5 de xaneiro de 2016

Aniversarios para o 5 de xaneiro

 Comezamos o ano con dúas conmemoracións moi importantes para a historia da nosa cultura e do noso país.
Por unha parte neste ano 2016 relembraremos a creación das Irmandades da Fala, que se botaban a andar un 5 de xaneiro de 1916. As primeiras xuntanzas  iniciativas e ideario daranse a coñecer cinco meses máis tarde, no mes de maio. Antón Villar Ponte, Lois Ponte Novo van ser figuras coruñesas importantes neste movemento.
Cabeceira do xornal fundado polas Irmandades

Portada da 1ª edición 

Caricatura de Neira Vilas por Siro
O 5 de xaneiro de 1961 publícase en Buenos Aires, Arxentina, Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas.
A novela de Balbino converterase no libro en lingua galega máis traducido e vendido. Apenas se cumpre un mes do falecemento do seu autor pero unha vez máis na súa obra atoparemos o consolo da súa ausencia e a fermosura da súa historia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario