Morgana
en Esmelle de Beatriz Caamaño.



Se
o pensamos ben desta premisa os mitos
están vivos e temos o dereito de facelos nosos parten conscientemente ou
non todos os grandes escritores. Botemos unha ollada a obra de Cervantes, a de Shaskespeare, que neste ano 16 se conmemora o 400 aniversario
do seu falecemento e lembremos a rica
presenza do mito e de obras e temas consagrados que por ambos os dous son
escanizados e vistos de forma rompedora. A tradición e a orixinalidade
son instrumentos vitais para a consolidación dunha obra de arte, sexa música,
literatura, pintura… Beatriz Caamaño posuía tamén este marabilloso talento e así nolo deixa nas súas
novelas tanto en Morgana en Esmelle
como en Circe ou o pracer do azul.
Morgana en Esmelle vai ser unha obra de referencia na nosa narrativa actual. Posúe o
acento da modernidade, a ollada feminista sobre o noso imaxinario
épico-literario e tamén sen caer en demagoxias aborda un discurso político e filosófico
que entronca coa actualidade e que hoxe temos inda sen resolver. A organización
social e de país, a educación e
instrución dos seus membros, as elites, a patria, o nacionalismo, as liberdades
persoais etc.
Ademais
a novela amosa unha factura impecable. Moi ben estruturada arredor de varios
narradores, entre eles o propio Felipe de Amancia, presentes tamén todos os personaxes de Merlín e familia de Cunqueiro, con intertextualidades recoñecibles
da Materia de Bretaña e co ton dunha fermosa lingua, que nos vai evocando ese
mundo antigo onde se sitúa. Un léxico épico-lírico tan ben escolmado, unha
sintaxe enganoradamente doada, mais tan fuída no seu pulo narrativo que non
decae nunca, nin descansa en díálogos pois todo o seu ser é pura narración.

Begoña
Caamaño suma con Morgana en Esmelle
unha obra máis a este ciclo sempre presente na literatura galega e faino con
importante aporte de actualidade e beleza narrativas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario