domingo, 1 de maio de 2016

COLABORACIÓN ENTRE O ALUMNADO DE LATÍN DO I.E.S. MIRAFLORES E O CORO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE A CORUÑA

PACEM AETERNAM

O 26 de abril, na Igrexa Mª Auxiliadora (Os Salesianos), tivo lugar a interpretación de "Pacem Aeternam", texto do alumnado de Latín (1º bach) -baixo as recomendacións da profesora Susana de Lorenzo-  música de Fauré e interpretado polo Coro do Conservatorio Profesional de A Coruña, dirixido por Carmen Ruíz e coa colaboración de Diana Somkhieva e do Ensemble Instrumental dos Conservatorios  Profesional e Superior de A Coruña.

Aproveitando a marabillosa música do Requiem de FAURÉ fíxose un canto á humanidade no que se traballou, dende a coeducación, valores como a paz, a igualdade de xénero, o respecto ás diferenzas, o amor e coidado polos animais, pola natureza.

Tras a emotiva interpretación musical o alumnado de Latín recitou os textos na lingua orixinal e en tradución.

Agradecemos á directora do Coro a invitación e proposta dun proxecto novidoso e moi gratificante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario