
O luns, día 23 de maio animouse a biblioteca coa presenza do
Mestre Mateo.

Tres alumnos de 1º bach presentaron aos seus compañeiros quen era, quen foi e quen é Mestre Mateo. A continuación como se garda a súa memoria artística a través dos premios así denominados.
A continuación, David Saborido, o premiado, explicou o seu traballo, os tipos de animación que se crean e fan desde Galicia para rematar contando como realizara a súa obra "O terceiro porco"que acadou este importante premio.
Por último, a orientadora do centro, Marta Pena, explicou as saídas profesionais deste tipo de estudos artísticos. Ademais ao remate houbo moitas preguntas.
 |
David Saborido coas personaxes da súa curta premiada |
 |
Mestre Mateo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario