O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2017 a Carlos Casares Mouriño.
 |
Carlos Casares |
Non se pode comprender a cultura galega de finais do século XX sen a presenza de Carlos Casares. O escritor foi unha figura clave no proceso de normalización da nosa lingua, de recuperación da dignidade da nosa cultura e da súa difusión internacional.
Carlos Casares naceu en Ourense (Galicia) en 1941. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e iniciou a traxectoria literaria coa publicaciónn do libro de relatos
Vento Ferido en 1967. A primeira novela foi
Cambio en tres(1969), un texto innovador que o introduciu no grupo de escritores que a crítica literaria denominou Nova Narrativa Galega.

O seu recoñecemento como narrador consolidouse coas publicacións sucesivas, como
Xoguetes para un tempo prohibido,
Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán.
Canda esta actividade literaria, Casares desenvolveu permanentemente un compromiso activo coa sociedade galega. Foi director da Editorial Galaxia e da revista Grial e presidente do Consello da Cultura Galega e mais do Pen Club de Galicia. Foi membro do Parlamento de Galicia na primeira lexislatura e académico numerario da Real Academia Galega ata o seu pasamento en Vigo no 2002.
Ningún comentario:
Publicar un comentario