O 11 de setembro de 1917 morre en Liáns (Oleiros) a escritora Francisca González Garrido, máis coñecida por Fanny Garrido ou Eulalia de Liáns.
![]() |
Eulalia de Liáns |
Fanny Garrido é unha interesante escritora moi esquecida. Entre a súa obra creativa destaca unha magnífica tradución
da obra dramaturga de Goethe, que lle achegou notable prestixio, entre os intelectuais, pois a autora
ademais de amosar os seus coñecementos do idioma, grazas á súa condición de
poeta é quen de superar atrancos métricos ou rítmicos das obras orixinais.
Primeiro publica en 1881, Viaje a Italia do famoso autor alemán, e máis tarde Teatro selecto de Goethe traducido
directamente del alemán coas pezas Ifigenia en Táuride, Clavijo, Prometheo
e Pandora entre outras.
En canto á narrativa ven a luz dúas novelas, en
1885 Escaramuzas
en cuxo exemplar depositado na Real Academia Galega aparece o autógrafo da
escritora dedicándolle o volume a dona Emilia Pardo Bazán, en 1898 publica La
madre de Paco Pardo, deixando outras novela inéditas ou editadas,
parcialmente, pola revista Galicia como a titulada La
fiesta de la patrona.
Na mesma revista atopamos a faceta periodística
da autora, mesmo tratando temas como La situación agrícola en Galicia que
asina baixo o nome de Fanny Garrido, mentres que nas novelas adoita aparecer
como Eulalia de Liáns.
![]() |
dona Emilia Pardo Bazán |
Respecto
á faceta lírica Fanny Garrido ou Eulalia de Liáns desenvolve un labor pioneiro
xuntamente co seu home Marcial de Adalid. Na obra Cantares viejos y nuevos de
Galicia, antecedente fundamental da música nacional galega, achega
composicións na nosa lingua para a música culta a carón de textos poéticos de
V. Hugo, Lamartine, Campoamor e Rosalía de Castro. É este un factor de
normalización cultural e artística que sitúa o matrimonio á vangarda do
Rexurdimento.
![]() |
Sofía Casanova |
![]() |
Pazo de Lóngora, residencia estival de Eulalia de Liáns e Marcial Adalid |
Engádese
a esta tarefa creativa e creadora arredor da cultura e lingua galega, un labor
social de divulgación no que ten tamén un papel protagonista o propio pazo de
Lóngora. A minúscula aldea da parroquia de Liáns ve así o seu nome
inmortalizado e inseparable da vida de Marcial de Adalid e de Fanny
Garrido. As reunión literarias no pazo,
os concertos e a música ocupan un espazo importante para recibir amizades coas
mesmas ou parecidas inquietudes. Fanny Garrido é membro da “Sociedad del folklore gallego”, que
preside Emilia Pardo Bazán e que se funda en 1789, tamén como Sofía Casanova é
membro correspondente da Real Academia Galega e colaboran ambas as dúas na
revista Galicia, que se publica na
Coruña baixo a dirección de Martínez Salazar.
![]() |
Eulalia de Liáns e Marcial de Adalid |
Velaquí tres mulleres que
desenvolven a súa traxectoria vital e intelectual nun mundo tan masculinizado
que chegou a facelas invisibles ou polo menos a negarlles un real e verdadeiro
protagonismo individual e social.
( Roteiro cultural 2013. Concello de Oleiros)
Ningún comentario:
Publicar un comentario