Unha vez máis levarase a cabo o Roteiro Cultural e Literario que este ano está dedicado ao pintor Manuel Abelenda, ao escritor Xosé Neira Vilas e á pintora María del Adalid. Unha actividade organizada entre o
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais o Servizo de Normalización Lingüística, O IES Neira Vilas e o IES Miraflores
Terá lugar os días 30 e 31 de maio e participarán máis de 300 alumnas/os dos centros de ensino público deste concello, desde 6º de primaria ata 1º de bacharelato. A todos/as os/as participantes se lles repartirá un folleto realizado por alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores e de 3º de ESO do IESP Neira Vilas, baixo a coordinación das profesoras Rosa García Vilariño, Graciela Grande Veloso e Inma Otero Varela, da Biblioteca Central Rialeda e do Servizo de Normalización Lingüística, baixo un deseño do departamento de comunicación do Concello de Oleiros.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son dar a coñecer diferentes persoas ilustres que viviron no Concello de Oleiros, mellorar o coñecemento de patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros e promover a lectura.
Consistirá no percorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron estas persoas ilustres, como unha homenaxe a todas elas. Comezaremos en As Torres de San Cruz onde se proxectarán imaxes (acompañadas dunha breve explicación) de diversas obras do pintor Manuel Abelenda; trasladarémonos á rúa do Pombal en Perillo para coñecer a casa deste pintor; a continuación marcharemos para o Instituto Neira Vilas no que homenaxearemos ao escritor Xosé Neira Vilas; pararemos diante da Escola María del Adalid e finalizaremos no Pazo de Lóngora en Montrove, onde coñeceremos a casa da pintora María del Adalid.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjijpUZaYrfuzxziIqBlXEMlM0TE6m9QbRMl2hg-Fa_2QtI22qmySzEyA-LG4LWqJbB-HsIyaBrOg99K2lmaTpSJWoi3srMqIlzqk6zc33V1cWYIY2-yNFqHtwXdfXQc3CRvhrixrk8KFA/s320/Mapa+roteiro+2017.jpg)
En todos estes lugares será o propio alumnado o que irá presentado a cada un dos personaxes homenaxeados. Realizarán estas presentacións, polo Instituto Miraflores: Bruna Frazao, Paula Carracedo, Laura López, Samuel Ramil, Valeria García, María Eiroa, Carmen Vicedo e Cristina Álvarez. Polo Instituto Neira Vilas: Pablo Basante, Lucas Canle, Eduardo Giménez, Guillermo Huelin, Emilio Ríos, José Rodrigo Santos, Ignacio Valeiras e Marcos Vázquez. Tamén colaborarán Eugenia Bermúdez, Candela Pía e Orleni Meteo. Neste centro acabarase cunha actuación musical a cargo dos alumnos Lucía Sigüeiro, Xoan Carro e Jacobo Juanatey baixo a dirección do profesor de música Jesús Fernández Llaneza.
No Pazo de Lóngora finalizarase con outra actuación musical. O día 30, a cargo do músico Roi Casal que formou parte de Milladoiro, e que publicou o disco titulado “Son galego, Son cubano”, un traballo realizado conxuntamente con Xosé Neira Vilas e con letras do propio escritor. O día 31 será a cantante de ópera, Victoria Álvarez, quen porá o toque final a estes recorridos. Esta soprano (que ademais vive no noso concello), coa súa magnifica voz, será quen clausurará a actividade.( blog Bibloleiros)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj0VqiolzmzTm5xhHAwoRgPck2-FQov32G1us2UEZVpq9qeJKq0F8dAHOQsoYBzVS-4xaL6HpsCLSNqjqyIr0BSJoTEx4QjxIFe06Q7jUcaNtnuWVFxqK0JQcbnyK56-g5weMSrbhDwGcwu/s320/IMG-20170530-WA0000.jpg) |
Presentación do pintor Abelenda nas Torres de Santa Cruz |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhlGgt-SdGVx1CQJdkHXfsbt4iTtSlKoL4eixJ-jBhs6TacoG1w3kk5H0rGpPpeaR6GPvpHT42vzqxqYcMFk2Jor7_bcz-lnKwswmgIK8M9Qxu-8PaE1o34Bl5AGYICyKnvQ3J1WodU7Hlb/s320/IMG-20170530-WA0006.jpg) |
Parada para coñecer a casa do pintor en Perillo |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjyC-TliRZThqneFmGEyfkE8XdTYi9kNoam8_zFrEqzTRjFNtPEfFEX5kZzbkfZZ4ET1rQ3mxhFmZE6iVAwNT-dAW5VoG10tdYkMi6jcv2lKZIutqe6yEaKqODmtgKbG1f_uvJG479N3SA3/s640/IMG-20170530-WA0009.jpg) |
No limiar do IES Neira Vilas coa homenaxe ao escritor |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjyuigvbg0DyFwAz9uu7VFdZC6lu4jh5yz0Q8F1e7uDsNojuv8BRyXOgAHADAvhLMso5_rsvr5QEkolMLRtB82OSEdgb1hk5BqgP82w085oA2cyNC8CyIetGfutAvKYdL0L7og-qxMJ2p1I/s320/IMG-20170530-WA0011.jpg) |
Parada no IES Neira Vilas |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh1JlDfQctYl4CllSteo3xksK4ahLvP88aqX1kJS8HIbDU1SKWwuYeCYRpuyrp9s8d-T8pvecICYLG9okYyhuUgZQewtOZmjQW2F0y2dtd1KqVC2XfT9B_kmfO2aIs8u480mpEJqfzWW7r_/s640/IMG-20170530-WA0020.jpg) |
Roi Casal explica a súa relación con Neira no Pazo de Lóngora |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjC1p7MoQRiFBBb5uu9E-7Y50t2FRycsk9iTYCX0ip5CH1vQ4M4P54631fuoSmZSJXvJ7vyvOGPs0qRq-zamGAG8YcwGd1Nfft8ffmkuQc_rGSs6otNhTcx0AcBC0AnKYEmZU59JErPS-s-/s640/IMG-20170530-WA0021+%25281%2529.jpg) |
Escoitamos cancións con letras de Neira e Rosalía Castro na voz e na harpa de Roi Casal. |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhcvLR_sib6jGOHodrB2twoFBR6wy6VehL0DtxhYVmGvDVfk4Uys8BNufG7sUdDbx73Dyr0544gnv5i31YW9iz5Dg-Nb7YzanLlstFrND3bWINKXod3dxg7W264LaiauNAdgWS5EGYUmBmM/s400/IMG-20170530-WA0019.jpg)
Presentación da vida, obra e significado para Oleiros de María del Adalid
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjyaEyMJQb41ukmNXXGouBTWMwIA4vFtv4-nyWlpDz_6td6vn5AiSK_CWWLKcX1OaRiT28wnN7815Ym6AcnjSOuE9Fq-ulOaR1RtxpomNwDq2zvdMlTT3m0ua6jRJatFAsL-qzn6DFoxl1K/s640/IMG-20170530-WA0015+%25281%2529.jpg) |
Homenaxe a María del Adalid fundadora da escola que leva o seu nome |
Ningún comentario:
Publicar un comentario