Na derradeira semana deste curso comezamos a ver nas redes este vídeo
compartido polas persoas máis diversas. É un traballo cun centro
escolar que saíu fóra do ámbito do ensino.
E non nos estraña...que ben queda o himno cantado por estes
pequechos e pequenas! A quen non lle gustaría estar alí para
cantalo?
A idea partiu do Equipo de Normalización do CEIP San Clemente,de
Caldas de Reis e desde logo é unha proposta moi atractiva para o
alumnado.
Aquí vos deixamos unha captura da páxina oficial do centro por se
queredes saber máis del.
No ano 2017 cúmprense dous aniversarios relacionados co himno. O 9
de marzo celebramos o 100 aniversario do falecemento de Eduardo
Pondal. Con este motivo o ANCE emitiu o cupón conmemorativo.
O 20 de decembro celebraremos o 110 niversario da estrea do himno na
Habana. Na wikipedia vén así explicado:
“O
texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron Eduardo
Pondal e Pascual
Veiga en 1890,
no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha
partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o
mellor himno galego para o caso que o premio resultase deserto. Logo
de varias redaccións envioulle un primeiro texto que
titulou Breogán.
Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para
adaptalo ritmicamente á música.”
Os tempos son chegados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario