“O galego é unha lingua universal”-Ricardo Carvalho Calero.
1.-D. Ricardo estívonos
acompañando no Miraflores desde setembro, “explicando” a orixe de moitas
palabras e comparándoas co castelán co portugués e francés. Lembrades? Era
defensor da integración do galego na familia lingüística galego-portuguesa ( a
iso chámaselle Reintegracionismo). A exposición que gañou este ano o concurso
das Letras Galegas é a do IES Ferrol Vello, un instituto que está moi cerquiña
da casa na que naceu Carvalho Calero. Na fotografía de abaixo podedes ver un
dos carteis da exposición, o que explica o que é o Reintegracionismo e como D.
Ricardo escribía en galego-portugués.
2.-Nesta ligazón accedes ás
exposicións gañadoras de primaria e de secundaria.
3.-Outra das propostas
que che fago é ver este vídeo e a continuación facer un xogo sobre el.
Este é o vídeo
Este é o xogo
4.- Se o que che gustan
son os telexornais, tamén temos un:
5.- Por último un escape room,
un xogo de fuga. Sigue ben as instrucións para conseguir saír.
6.-Non me puiden resistir a
estas actividades. Confeso que son fan dos Bolechas. Mirade que favorecido
quedou Carvalho Calero nesta versión dos Bolechas! Parécese?
Que artista é Pepe
Carreiro!
A editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral
de Política Lingüística, puxo no Portal da Lingua Galega, un novo volume da
colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Nel achéganse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio,
do ano 1987 e que recibiu o Premio da Crítica de narrativa galega ese
mesmo ano. Ademais, atoparás a Biografía
do autor e un Minidicionario
con palabras moi especiais que aparecen na historia.
Anímate a lelo nesta ligazón!
ATRÉVESTE CO RETO CARVALHO CALERO BOLECHAS? Aquí tes os xogos:
RETO 1: Canto lembras da historia de Scórpio?
RETO 2: Como escribía Carvalho Calero?
Podes axudarte do Minidicionario dos Bolechas.
RETO 3: Que lembras da biografía de Carvalho Calero? (Rosco de
pasapalabra).
Penso que o que máis
lle gustaría a Carvalho Calero é que soubéses algo máis de portugués. Por iso seleccionei
para vós estes tres xogos de vocabulario portugués:
Ningún comentario:
Publicar un comentario