CARLOS RUIZ ZAFÓN
AS LUCES DE SETEMBRO
![]() |
É unha obra de aventura e misterio.
|
Despois da publicación de La sombra del viento Carlos Ruiz Zafón alcanzou unha gran proxección internacional.
As profesoras coñeciamos este autor con anterioridade, xa que publicara varios libros que se incluíron na denominada literatura xuvenil. Moitos destes libros foron, e son, libros recomendados na materia de Lingua española e literatura.
A Editorial Edebé Rodeira traduciu ao galego dous títulos O príncipe da brétema e As luces de setembro, a principios dos 90. Na nosa biblioteca coidamos estas versións en galego, que despois do éxito de Zafón, non foron reeditadas.
A seguir recollemos a opinión de Mar e de Álvaro sobre As luces de setembro.
Elixín este libro porque a portada do libro chamoume moito a atención, e porque cando lin o resumo da parte posterior gustoume moito.
![]() |
Mar |
O libro trata de que unha familia formada por Simone a nai, e os seus fillos Irene e Dorian abandonan a súa cidade para ir a vivir a un pobo na costa.
Alí a nai encontra traballo para un fabricante de xoguetes, a súa filla namorase dun cativo e Dorian dedícase a explorar os arredores.
Comezan a pasar un montón de aventuras misteriosas. O que máis me gustou do libro foi que toda a historia ía encarrilada, é dicir, que o que aparecía no comezo do libro toma significado ao final.
É unha historia moi entretida e realista xa que case todo o que din pode ser verdade, e iso fai que a historia e o libro non aburran.
Elixín este libro porque parecía entretido. Ao comezo non me gustou moito, segundo o fun lendo sentín intriga de saber que pasaría.
É unha obra de amor e de terror.
É unha obra de amor e de terror.
![]() |
Álvaro |
Trata dunha familia que son tres, porque morreu o pai, Armand Sauvlle. A familia está constituída pola nai Simone, a filla, Irene, e o pequeno Dorian .
Tras a morte do pai, a familia quedou na pobreza. Van a Baia Azul para traballar en Cravenmoore, así coñecen a Lazarus, o propietario. No pobo coñecerían a Hanna e ao seu irmán Ismael. Instálanse na casa do Cabo. E alí comezan as aventuras.
O que máis me gustou foron as situacións graciosas. Como aquela vez en que Hanna presentou a Irene e a Ismael.
Ningún comentario:
Publicar un comentario