A pioneira da xenética médica en España, Jimena Fernández de la Vega, nomeada “Científica do ano 2021” pola Real Academia Galega de Ciencias
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) anunciou para conmemorar o Día
Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o nomeamento de Jimena Fernández de
la Vega e Lombán (Vegadeo, 1895-Santiago de Compostela, 1984) como Científica do
Ano 2021, un recoñecemento que desde 2008 outorga a entidade a algunha
personalidade que destacase pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia
en Galicia. De la Vega é a segunda muller homenaxeada, despois da oceanógrafa
Ángeles Alvariño (2015).
A RAGC valorou especialmente “o seu carácter loitador, amosado desde que fora a
primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela
(USC) xunto coa súa irmá Elisa, onde acadou ademais o premio extraordinario”.
Na súa carreira investigadora, expón a academia, “tivo o grande acerto de
incorporar a xenética ao ámbito da saúde, sendo unha verdadeira pioneira da
xenética médica en España”. Posteriormente, os seus traballos no campo da
hidroloxía aplicada á saúde foron tamén de enorme valía. A RAGC quere, por
tanto, “dar a coñecer a súa figura como exemplo de muller científica, en tempos
nos que non era doado ser admitida e recoñecida”.
Eva Fernández. RACG
Ningún comentario:
Publicar un comentario