xoves, 28 de outubro de 2021

EXPOSICIÓN do DÍA DOS DEFUNTOS

 








EXPOSICIÓN DÍA DOS DEFUNTOS

As alumnas e alumnos das materias de Debuxo Artístico de Bacharelato crearon figuras para ilustrar o Día dos Defuntos, de arraigada tradición en Galicia, que se celebra o 2 de novembro, o día seguinte ao de Todos os Santos.

É este un día dedicado ámorte e ás persoas que xa faleceron mais non tanto na súa dimensión máis tráxica, senón cun sentimento de proximidade, con simpatía, con agarimo e mesmo, como é característico da nosa cultura, con humor e retranca.

Os estudantes da materia de Debuxo Artístico realizaron este exercicio creando figuras de forma humana, pero con liberdade para despoxalas de volumes corpóreos e para deformar as súas proporcións e composición, buscando o grotesco ou o inxenuo. O resultado é unha colección de seres de “ultratumba”, que “alegran” o vestíbulo do centro, sobre todo cando se contemplan acompañadas da excelente música fúnebre escollida polas profesoras Pilar Guillén e Susana de Lorenzo.

Completa a exposición unha colección de libros de literatura de terror escolma do equipo da biblioteca e a recomendación de asistir a curtametraxes do mesmo tema proposta pola profesora Ana Oulego.



Ningún comentario:

Publicar un comentario