luns, 3 de xuño de 2013

Concurso-celebración do día do Medio-Ambiente


Participa no concurso do Medio-Ambiente que convocan a Biblioteca e o Departamento de CCNN do IES Miraflores.

Aquí tes as bases:
1. Poderá participar todo o alumnado de 1º e 2º ESO do IES Miraflores de Oleiros.

2. A participación deberá ser individual.

3. O concurso terá unha duración de cinco días, desde o 3 ao 7 de xuño de 2013.

4. O concurso consistirá en responder a 22 preguntas relacionadas co medio ambiente.

5. O día 3 de xuño publicaranse as preguntas no blog da biblioteca do instituto.

6. As respostas poden ser enviadas por correo electrónico ao enderezo bibliotecaiesmiraflores@
gmail.com ou entregadas en sobre pechado: Para o concurso do Medio-Ambiente, co nome do alumno/a e curso no que está matriculado na propia biblioteca.

7. No e-correo deberá figurar como asunto "para o concurso medio-ambiente", e no corpo do mesmo  o nome do concursante e o curso no que está matriculado.

8. As respostas poderán incluírse no correo como arquivo adxunto.

9. Os resultados publicaranse o día 10 de xuño e cada resposta correcta obterá un punto.

10. Haberá tres premios: 1º, 2º e 3º segundo o número de acertos. Os demais participantes obterán tamén un pequeno agasallo.

11.En caso de empate, ao remate do concurso celebrarase un desempate que será anunciado nos blog ao mesmo tempo ca os resultados.

11. En caso de reclamación, esta farase por escrito e entregarase na biblioteca do centro ao día seguinte da publicación dos resultados.



Ningún comentario:

Publicar un comentario